Muralla Romana
Just another blogaliza.org weblog

rapasabucedocartel_07.jpg  

  

Na procura de información sobre as Rapas das Bestas ou Curros atopamos moitas opcións infomativas na Rede:

  

http://www.rapadasbestas.es/ 

(Moi interesante e específica sobre a Rapa das Bestas de Sabucedo. Do mellor publicado na rede). 

  

http://es.wikipedia.org/wiki/Rapa_das_Bestas

  (Definicion, Principais rapas e calendario)

  

http://www.fotopanorama.com/visitasvirtuales/panos/rapa-bestas-sabucedo/qtvr/qtvr_01.html

(Galería de imaxes en 360º na Rapa das Bestas de Sabucedo: visita virtual ou estar na Rapa sen estar!)

 

 

 

MÁIS DE CINE!
Maio 27th, 2008 by jcgemini in Cabalos,Cine No Commentss

Unha parada para indicar un artigo moi interesante que fala da importancia do cabalo na cinematografía e, sobre todo, na historia do cine de Hollywood dende as súas orixes ata a actualidade:

 

http://www.mascotasyhogar.com/mascotas/caballos/especiales/?pagina=mascotas_caballos_especiales_005_005

 

 

Producida e realizada pola productora Dreamworks  de Steven Spielberg, a película Spirit (2002) é un mero divertimento que non pretendía máis que divertir a un público familiar (principlamente, infantil) nun escenario histórico tópico dos Estados Unidos de América, país onde tivo moito máis exito que no resto do mundo pola súa temática, as referencias á conquista do Far West, as referencias á protección e o respeto á natureza e ó ideal de liberdade.

  

 http://www.dreamworks.com/spirit/  

  

spirit.jpg

O CABALO ESPAÑOL ANDALUZ
Maio 27th, 2008 by jcgemini in Cabalos No Commentss

caballos-andaluces-espanoles-anipedia1.jpg

  

O cabalo Español é de pura orixe Ibérica, é por excelencia a montura predilecta de rexoneadores e gandeiros deste país e de Portugal, onde o arte do rexoneo é moi apreciado e valorado . No desenrolo desta raza exerce unha enorme influencia o cabalo Árabe e tamén o Berberisco. 

 

Estas razas influíron poderosamente dende fai tempo na evolución doutras moitas razas equinas, entre todas as existentes no mundo enteiro; en parte, o cabalo Español é producto dos coidados especiais dos monxes cartuxos de Xerez da Fronteira, en Andalucía.

  

Procedencia: 
Coñecido como cabalo Andaluz dende fai séculos, a súa orixe está nas chairas calurosas de Xerez da Fronteira, Sevilla e Córdoba. Nestas terras os frades cartuxos conservaron a pureza do Español. É un cabalo que exerceu unha grande influencia no desenrolo de numerosas razas actuais. 

  

Características: 
A vista do cabalo Español é fascinante, ten un perfil acarneirado. A cabeza é fermosa gracias ó influxo do Berberisco. Mide entre 150 e 155 cm. Os dous rasgos distintivos máis sobresaintes son a crin e a cola, pois son longas, exuberantes e onduladas, o que aumenta a beleza da estampa. Os cuartos traseiros son fortes e de gran flexión nas articulacións posteriores o que o convirte nun animal apropiado para figurar nos picadeiros.

  

Historia: 
Pola súa estampa e habilidade o Español é a montura preferida polos rexoneadores nas festas campeiras e nos cosos taurinos, así como nas alegres festas rexionais, en especial en Andalucía. España foi o primeiro país da Península Ibérica onde se domaron estes cabalos. Durante os séculos XVI e XVII cando a raza estivo en perigo de extinción, debido a unha serie de cruces erróneos, os monxes cartuxos axudaron á selección e preservación da raza onde derivan as mellores líñas.

  

Gracias a Lucas e Hector pola súa colaboración na adaptación deste texto procedente da seguinte dirección web:

 http://razas.todocaballos.com/

  

RUNAWAY HORSES
Maio 27th, 2008 by jcgemini in Cabalos,Música No Commentss

Un paréntese para a miña nostalxia (prégovos que mo permitades!) e espero que para a de alguén máis que o vexa. Unha cara bonita e unha fermosa voz: Belinda Carlisle, Runaway Horses. (Onde estará? Perdinlle a pista fai tempo! Pero se teño internet! 

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/SheKvJKtpdU" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

http://www.youtube.com/watch?v=SheKvJKtpdU

HORSES
Maio 26th, 2008 by jcgemini in Cabalos,Música No Commentss

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/1tPtzT0Uurk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

    

http://www.youtube.com/watch?v=1tPtzT0Uurk 

 

Hai xente que fai productos multimedia interesantes, Verdade?

 

 

É fascinante botarlle un vistazo a historia. Ir atrás no tempo ensina que o poder tiña xeitos, evidentes ou sutiles, de mostra-lo seu poder e facer propaganda dos seus logros ou tentar esconde-los seus fracasos nunha época na que non existían (nin en cueiros!) os medios de comunicación de masas. Perdido o seu significado político co paso do tempo, resisten o esquencemento, convertidos en eficaces documentos históricos ou   gracias o seu inherente valor artístico.

  

A España dos Austrias é un bo exemplo a través do traballo de grandes mestres da pintura como Tiziano, Rubens ou Velazquez. 

 

 

carlos-itiziano.jpg

Carlos I de España e V de Alemania a cabalo (Tiziano)

felipe-ii-a-cabalorubens.jpg

Felipe II a cabalo (Rubens)

felipe-iv-a-cabalovelazquez.jpg

Felipe IV a cabalo (Velázquez)

principe-baltasar-carlos-a-cabalovelazquez.jpg

Principe Baltasar Carlos a cabalo (Velázquez)

 

retrato-ecuestre-del-conde-duque-de-olivaresvelazquez.jpg

Retrato Ecuestre do Conde-Duque de Olivares (Velázquez)  

Eiqui vai unha dirección interesante para obter referencias e letras de cancións sobre cabalos (Está en inglés, sintoo por os que no domiñedes a lingua de Shakespeare):

  

http://www.potomachorse.com/songs.htm

LEONARDO DECATOUSE!
Maio 26th, 2008 by jcgemini in Cabalos,Historia,Pintura No Commentss

Espero que vos decatarades de que non engadín nin escribín intencionadamente o seu apelido polas connotacións malintencionadas que se poideran sacar! (Isto sendo a miña opinión é o malo das modas: a subordinación dalgun elemento eterno ós criterios comerciais da vangarda).

  

Nembargantes, Leonardo como home total deixounos unha perfecta visión do que vivía. Non inventou máis que o que a natureza do animal deixaba ver e reflexouno en estudios da súa anatomía e o seu movemento. Sempre coa intención de produci-lo como obra conclusa, cousa que non sempre puido ser. De calquera xeito, calquera movemento das súas cellas, trazo sobre o papel, pincelada sobre o lenzo, modelado en calquera material susceptible de crear algunha peza esculpida, obra arquitectónica ou invención tecnolóxica será como tal moito máis do que se considera o corpus artístico de moitos grandes artistas de calquera das belas artes.

 

 

20061209033655-leonardo-rearing-horse.jpg

Olark Livehelp